Sunday 19 de May de 2024

Ábrese o prazo de inscrición para o Halloween Camp


A xornada de conciliación terá lugar o 2 de novembro. Haberá festa de disfraces, xogos, cancións en inglés, música e movemento e moito máis

O Concello de Ordes vén de abrir o prazo para apuntarse no Halloween Camp, unha xornada de conciliación que terá lugar de 9 a 14 horas (con posibilidade de ampliar horario) o vindeiro 2 de novembro, coincidindo coa ponte de Todos os santos.

O Halloween Camp está dirixido a nenos e nenas escolarizados entre os 3 e os 12 anos. Entre outras actividades organizarase unha festa de disfraces, xogos en grupo, traballos e obradoiros manuais, cancións en inglés, música e movemento etc.

O prazo para inscribirse finalizará o vindeiro 31 de outubro. Poderase formalizar no Departamento de Educación do Concello de Ordes. O prezo será de 4€, habendo descontos do 50% para familias numerosas.